lunes, 24 de noviembre de 2014

CHARLA E CURSO DE AGRICULTURA BIODINAMICA

A próxima fin de semana (29 e 30 de Nomvembro), Milloelandras organiza
o primeiro curso de Agricultura Biodinámiva na súa finca. O curso será
impartido por HANS-GUNTHER Kern, Diplomado en Agricultura Biodinámica
y Desarrollo Rural Integrado por el Emerson College, Inglaterra.
A idea é crear un grupo de persoas interesadas en profundizar en
Agricultura Biodinámica para facer un programa de formación continuada
e aprender da man de Hans.
A programación do curso está no cartaz adxunto.

Ademáis, os días 26, 27 e 28 o profersor impartirá charlas gratuitas
para presentarse e presentar a Agricultura Biodinámica.
O título da charla será:
"Hacia una verdadera autonomía y cultura, una nueva economía o
alimentación sana."

O Mércores 26 a charla será en Lugo, no local de A Cova da Terra de
29:30 a 21:00. O tlf é 982230211
O Xoves 27 será en A Coruña de 19:00 - 20:30 na Casa museo Casares
Quiroga, Rúa Panaderas, 12 (Pte confirmación, consultar en
milloelandras@gmail.com ou en www.zocaminhoca.org)
O Venres 28 a charla será en Vilasantar  de 19:30 a 21:00 no Local
social, que está moi perto da finca Milloelandras.

Para o curso é importante inscribirse porque o límite é de 20 prazas.
Se precisades aloxamento e/ou comida ecolóxica, hai que reservar. O
aloxamento é moi limitado.

Apertas e graciñas,
Marta e Víctor.

jueves, 13 de marzo de 2014

Quén somos

Polas veces que escoitamos esta pregunta, merece por fin unha entrada no blogue...
Millo e Landras somos unha comunidade rural que pretendemos conservar o noso entorno como un lugar sostible, biodiverso e saudable. Vivimos "do" e "para" o campo,  camiñamos cara a autosuficiencia, e creemos que compartir a nosa vida cos que nós rodean nos fai máis felices, combatindo asi o sistema individualista e competitivo do que intentamos sair.

Producimos horta de tempada (ó aire libre e en invernadoiros), os nosos productos son ecolóxicos certificados e o  tratamento que seguimos para traballalos é coidar coma a un ser vivo a terra da que saen os nosos alimentos. Facemos conservas cando temos moitos excedentes (mermeladas, pisto, salsa de tomate, paté de berenxena,,,)

Temos animais vivindo en libertade: porcos, cabras, galiñas, polos, patos,cabalos, e ovellas. Gracias a eles temos carne en canal e por piezas, chourizos e xamóns de porco celta, paté, ovos, e queixos, frescos, curados e de untar (de vaca, maiormente).

Ademais cando temos tempo nos adicamos a outras cousiñas,... ven moita xente a visitarnos, colexios, asociacións de pais,...e a nós, que deixamos de facer as nosas tareas por unhas horas, nos gusta atendelos, xa que difundir a idea de que outro mundo é posible é gratuita.

Gustaríanos concienciar á xente da necesidade de abogar polos productos de proximidade, por coñecer todo o que conteñen os productos que consumen, por pedir transparencia ós productores e apoiar o consumo de productos libres de sustancias químicas. O fin é o cabo somos o que comemos.