jueves, 13 de marzo de 2014

Quén somos

Polas veces que escoitamos esta pregunta, merece por fin unha entrada no blogue...
Millo e Landras somos unha comunidade rural que pretendemos conservar o noso entorno como un lugar sostible, biodiverso e saudable. Vivimos "do" e "para" o campo,  camiñamos cara a autosuficiencia, e creemos que compartir a nosa vida cos que nós rodean nos fai máis felices, combatindo asi o sistema individualista e competitivo do que intentamos sair.

Producimos horta de tempada (ó aire libre e en invernadoiros), os nosos productos son ecolóxicos certificados e o  tratamento que seguimos para traballalos é coidar coma a un ser vivo a terra da que saen os nosos alimentos. Facemos conservas cando temos moitos excedentes (mermeladas, pisto, salsa de tomate, paté de berenxena,,,)

Temos animais vivindo en libertade: porcos, cabras, galiñas, polos, patos,cabalos, e ovellas. Gracias a eles temos carne en canal e por piezas, chourizos e xamóns de porco celta, paté, ovos, e queixos, frescos, curados e de untar (de vaca, maiormente).

Ademais cando temos tempo nos adicamos a outras cousiñas,... ven moita xente a visitarnos, colexios, asociacións de pais,...e a nós, que deixamos de facer as nosas tareas por unhas horas, nos gusta atendelos, xa que difundir a idea de que outro mundo é posible é gratuita.

Gustaríanos concienciar á xente da necesidade de abogar polos productos de proximidade, por coñecer todo o que conteñen os productos que consumen, por pedir transparencia ós productores e apoiar o consumo de productos libres de sustancias químicas. O fin é o cabo somos o que comemos.







 
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario