martes, 27 de agosto de 2013

Éxito de asistencia na II Xornada do curso de cociña




A segunda xornada do curso de cociña superou con creces á primeira en canto a participación, xa que ademais da que xente repetiu, e sumouse a ela outra tanta que escoitou da oportunidade de aprender a preparar os productos da horta directamente da man dunha profesional coma Inés Redondo… ¡e degustalos!



Persoalmente sorprendinme, porque nunca probara un pisto tan rico e preparado dunha forma tan sinxela… o mellor é a estupenda interacción que se crea na aula e que todos os presentes fomos resolvendo as nosas dudas e poñendo en común os nosos coñecementos culinarios mentres aprendíamos trucos novos da man de Inés.



 

Os pementos ó albariño foron os máis eloxiados da xornada,
pero a mermelada con tomate tampouco se quedou atrás e ¿que mellor que facer conservas cando temos tantos excedentes da horta?





   Ó final da xornada fixemos choiva de ideas para pratos que preparar os seguintes días:  alguen comentou as flores de calabacín, as xudías, remolacha, acelga,… inda non sabemos cal será o tema, pero volo diremos tan pronto como o saibamos…
Un día máis, antes de irse para casa, a xente recoletou a súa verdura do invernadoiro e levou froitos silvestres e outros productos que dende Millo e Landras estamos orgullosos de compartir convosco.



Esperamos veros a todos este xoves que ven, axudando a voltarlle a vida á Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada