lunes, 2 de septiembre de 2013

As mil e unha maneiras de facer verduras recheas… III Xornada do curso de cociña



Trinta persoas degustando todo tipo de verduras recheas e acompañadas coa mellor salsa que se poida pensar: Cebolas, cabaciño, berenxena, … tamen feitas con tempura,

… iso fou mais que un curso,…¡iso foi unha festa gourmet! 


As non sempre polpulares acelgas foron irresistibles recen sacadas do forno con ese queixo derretido por riba, e a tempura feita con auga conxelada (por fin desvelousenos o segredo)


Xudia verde, champiñón, espinaca, flores de cabacin, berenxena, calabacin, cebola… ¡calqueira verdura vale para rechear ¡  

Como colofón, un bizcoito de zanahoria con especias para rechuparse os dedos…


Deicamosvos a receita, para quen precise perderlle o medo á repostería,..


230 gr. de harina                                                            
50 gramos azúcar moreno                                         
150 gr azúcar moreno
150 gr azúcar blanco
1 yogur
1 sobre de levadura
½ cucharilla de bicarbonato
1 cll. Especies (canela, jengibre, clavo, nuez moscada, cardamomo)
100 cc aceite de oliva suave
300 gr zanahoria rallada
50 gr almendra picada
5 huevos
Batir os ovovs, iour, aceite e azúcar, con axuda dunha espátula mézclarlla a fariña, especies, levadura, almendra e zanahoria. Cocer a 180º durante 40 -45 mn.

E... A PARTIR DE AGORA, AS CLASES SE TRASLADAN ÓS VENRES ÁS CINCO DA TARDE, XA QUE A VOSA ASISTENCIA FIXO QUE TODOS QUEDARAMOS CON GANIÑAS DE MAIS... ASI QUE NON O PERDADES... ESTE VENRES, O MENU SERÁ: Crepes de acelga, pastel de verdura y helado de pepino.



martes, 27 de agosto de 2013

III Xornadas...este xoves



III XORNADA DE COCIÑA
                   CON VERDURA DE TEMPADA                   
                VERDURAS RECHEAS, A ACELGA E AS MIL
     POSIBILIDADES  e  BIZCOITO DE ZANAHORIA
CURSO CON DEGUSTACIÓN


DIAS         29 de Agosto

LUGAR   Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar

HORA       12h – 14h

Impartidas por Inés Redondo, cociñeira e xerente do Hotel Rústico Lar da Mota.


Nestas  xornadas aprenderemos como preparar pratos de verdura de tempada  dunha forma diferente e divertida.
Ven a cociñar connosco e disfruta dos sabores maís puros dos  productos ecolóxicos de tempada.
PREZO: 3/ € persoa (o pago farase o mesmo día do curso)
Inscripcións e información
No Concello, no tlf  981 778 169
En Millo e Landras nos tlf 981 778 168 // 607 543 505 milloelandras@gmail.com
Organizan:   Concello de Vilasantar             
  Finca Ecolóxica Millo e Landras S. Coop.

Éxito de asistencia na II Xornada do curso de cociña




A segunda xornada do curso de cociña superou con creces á primeira en canto a participación, xa que ademais da que xente repetiu, e sumouse a ela outra tanta que escoitou da oportunidade de aprender a preparar os productos da horta directamente da man dunha profesional coma Inés Redondo… ¡e degustalos!



Persoalmente sorprendinme, porque nunca probara un pisto tan rico e preparado dunha forma tan sinxela… o mellor é a estupenda interacción que se crea na aula e que todos os presentes fomos resolvendo as nosas dudas e poñendo en común os nosos coñecementos culinarios mentres aprendíamos trucos novos da man de Inés.



 

Os pementos ó albariño foron os máis eloxiados da xornada,
pero a mermelada con tomate tampouco se quedou atrás e ¿que mellor que facer conservas cando temos tantos excedentes da horta?





   Ó final da xornada fixemos choiva de ideas para pratos que preparar os seguintes días:  alguen comentou as flores de calabacín, as xudías, remolacha, acelga,… inda non sabemos cal será o tema, pero volo diremos tan pronto como o saibamos…
Un día máis, antes de irse para casa, a xente recoletou a súa verdura do invernadoiro e levou froitos silvestres e outros productos que dende Millo e Landras estamos orgullosos de compartir convosco.



Esperamos veros a todos este xoves que ven, axudando a voltarlle a vida á Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.

domingo, 18 de agosto de 2013

ANUNCIO SEGUNDA XORNADA DE COCIÑA

                   XORNADAS DE COCIÑA

                       CON VERDURA DE TEMPADA

PISTO, PEMENTOS CON ALBARIÑO E MARMELADA DE TOMATE

CURSO CON DEGUSTACIÓN
DIA        22  de Agosto
LUGAR   Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
HORA       12h – 14h
Impartidas por Inés Redondo, cociñeira e xerente do Hotel Rústico Lar da Mota.

Nestas  xornadas aprenderemos como preparar pratos de verdura de tempada  dunha forma diferente e divertida.
Ven a cociñar connosco e disfruta dos sabores maís puros dos  productos ecolóxicos de tempada.
PREZO: 3/ € persoa (o pago farase o mesmo día do curso)

Inscripcións e información
No Concello, no tlf  981 778 169
En Millo e Landras nos tlf 981 778 168 // 607 543 505 milloelandras@gmail.com

Organizan:   Concello de Vilasantar               Finca Ecolóxica Millo e Landras S. Coop.