miércoles, 14 de agosto de 2013

Hola a todos!
Unha vez máis voltamos a  dicir,..."fai un ano que non nos vemos por aqui"... e, de feito, teñen que pasar boas novas para animarnos a escribir,...

Moitos de bos xa o sabedes, pero fai uns meses que plantamos os invernadoiros da Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, e agora estamos a recibir os frutos do esforzo de esta tempada... temos tomates, pementos, berenzenas, cabaciños, etc a esgalla,...xa sabedes que estades todos invitados a visitar as instalaciòns e recoller as vosas propias hortalizas.



Ademais, os nosos animais (cabras, ovellas, can e galiñas) contan  co luxo de disfrutar dos exteriores da Escola, incansables de comer trebol e xogar entre tanta herba e palla...







Durante o mes de Xullo celebrouse un torneo de futbol - campamento cos rapaces de Vilasantar, Curtis e Sobrado, e nós estivemos alí tamen impartindolles obradoiros de apicultura, horticultura ecolóxica, orientación e organizando unha ginkana.




A pesar do maravilloso da experiencia, isto conlevou tamén unha maior carga de traballo, así que só podemos agradecer a toda a xente que nos veu a visitar e botou unha man durante este tempo, cada un dentro das súas posibilidades, para contribuir a facer realidade este soño: Marisa, Blanca, Bieito, Joan, Estela, Elenita, Sali, Juan Antonio, Inés, Bruno, ...  e tantos outros que seguides ahí...

Polo pronto deixamosvos estas fotos do que vai sendo o vrán en Vilasantar, para que vos animedes máis a visitarnos,...e vos recordamos o curso de cociña que impartiremos na Escola de Agricultura Ecolóxica os días 16, 22 e 29 de Agosto.Vos daremos a coñecer a todos o noso proxecto e o que estamos a facer...non faltedes! estades todos convidados!








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario