domingo, 18 de agosto de 2013

Primeira Xornada de Cociña de Productos de Tempada, ou "Re-estreno" da Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar.

Emocionante.
É o mínimo que podo dicir sobre o pasado venres. Foi unha Xornada de Cociña de productos de tempada, pero tamén foi algo máis.



 Foi o reencontro coa xente do nosos rural que se achegou para compartir connosco os segredos que gardan os productos que veñen directamente das nosas leiras á mesa. 

Alegrounos especialmente comenzar a esparcir "a palabra" de que seguiremos ofrecendo cursos de cociña,  e un espazo no que continuemos a disfrutar e aprender tod@s de tod@s, tal como pasou este pasado venres.


Ademais, cada vez sodes máis os que sabedes que a Escola de Agricultura Ecolóxica está para o disfrute de todos, e que podedes pasar por alí ou pola granxa Millo e Landras para que vos levemos encantados a visitar os invernadoiros da escola, onde poderedes recoller a verdura vos mesmos.



Abrimos de novo as portas da Escola de Agricultura Ecolóxica ós veciños de Vilasantar (e tamén ós de fora), e compartimos convosco una xornada na que aprendimos a preparar salmorejo con agarimo, un gazpacho no que a nosa experta Inés puxo toda a súa sabiduría e a nosa "andaluza de Présaras" Manola aportou ledicia para que estes platos nunca perdan as suas raíces do Sur.



 Para facer honores a tan doce intre, o peche foi un excelente bizcoito de cabaciño.







E se a desgustación dos tres pratos non foi suficiente para alguén, Inés e Juan Antonio, cociñeiro adxunto e flamante novo veciño de Ru, deleitaronnos coas súas deliciosas galletas de manteiga con marmelo, as Mariquiñas.

A visita ó invernadoiro confirmou o contentos que remataron os asistentes ó curso, que se surtiron de tomates, pementos, pepinos e cabaciños para practicar as habilidades culinarias recén adquiridas.



¿Que máis podo dicir?  Que vos esperamos este XOVES  22, de dez a doce para asistir a outra xornada, esta vez para facer pisto, pementos con albariño e mermelada con  tomate. Non o perdades!
Lembradeos que para anortarse hai que chamar a Millo e Landras nos teléfonos 981 77 8168 ou 607543505 ou ó concello de Vilasantar, no teléfono 981778169

Bon apetito, e vèmonos pronto. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario